Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.337

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros-Orde do 18 de febreiro de 1999 pola que se aproban as bases que rexerán o próximo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B).

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no DOG nº 49, do 11 de marzo de 1999, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 2.820, base I.I.2, onde di: «de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e co decreto polo que se aproba ...»; debe dicir: «de conformidade coa disposición adicional sétima

da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e co Decreto 44/1999, do 18 de febreiro, polo que se aproba ...».

Na páxina 2.822, base I.3.3., onde di: «Todo iso conforme o contido da Lei 13/1982, do 7 de abril, e no decreto, polo que se aproba ...»; debe dicir: «Todo iso conforme o contido da Lei 13/1982, do 7 de abril e no Decreto 44/1999, do 18 de febreiro, polo que se aproba ...».