Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.336

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

DECRETO 66/1999, do 11 de marzo, polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Librán (Baleira-Lugo).

A parroquia de Librán que pertence ó concello de Baleira, está situada ó nordeste da provincia de

Lugo, resultando afectadas pola concentración parcelaria aproximadamente 1.500 ha.

A dispersión parcelaria que presentan os terreos da dita parroquia, posta de manifesto polos agricultores desta mediante solicitude dirixida ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, motivou un estudio de viabilidade e de valoración das posibilidades que ofrece a zona para incrementa-lo rendemento dos recursos agropecuarios, deducíndose a conveniencia de levar a cabo a concentración parcelaria por razóns de utilidade pública e interese social.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, formulada conforme o establecido na Lei galega 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de marzo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Declarar de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Librán (Baleira-Lugo).

Artigo 2º.-O perímetro da zona será, en principio, o correspondente á totalidade dos terreos da parroquia de Librán. O referido perímetro quedará en definitiva modificado polas rectificacións, inclusións ou exclusións que se acorden, ó abeiro dos artigos 23 e seguintes da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 3º.-A esta zona seranlle de aplicación os beneficios económicos programados ou asumidos pola Xunta de Galicia, para mellorar ou moderniza-las explotacións agrarias e, en concreto, os que sinale o artigo 6 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 4º.-Os traballos de execución desta concentración parcelaria iniciaranse nun prazo non superior ós 6 meses a partir da publicación deste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facultarase o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para dicta-las disposicións complementarias que requiran a execución deste decreto.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria