Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1998 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o

que acordou a corporación provincial, na sesión do día da data, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Xunqueira de Ambía, para a xestión, liquidación, inspección e recadación do IBI, IAE, imposto de vehículos de tracción mecánica e taxa de recollida de lixo, nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no Diario Oficial de Galicia do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 26 de febreiro de 1999.

O presidente

Rubricado