Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Aprobado inicialmente o proxecto de urbanización denominado Acceso desde a EN-551 a parcela de uso comercial en Areas-Regueiro, coas condicións impostas pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e demais que constan no expediente presentado por Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A. (Gadisa) para a actuación urbanística do solo urbano comercial do Plan Xeral de Ordenación Urbana, sito en Areas-Regueiro, exponse ó público polo prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1997, do solo de Galicia, e artigo 141 do Regulamento de xestión urbanística, queda o expediente de manifesto na Sección de Urbanismo, en horario de oficina.

Tui, 10 de marzo de 1999.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde