Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de productos alimenticios para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 17/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 05 36. Fax: 981 54 01 49.

2.a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva de productos alimenticios.

3.a) Lugar de entrega: nas cociñas do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar:

LoteImporte

unitario

máximo

Consumo

estimado

Lote 1

Filete pescada conxelada (kg)363 ptas.4.800 kg

Lombos bacallao conxelado (kg)660 ptas.2,520 kg

Melva conxelada450 ptas.3.600 kg

Pescada conxelada nº 4727 ptas.29.520 kg

Róbalo en toros conxelado525 ptas.8.040 kg

Toro de salmón conxelado590 ptas.4.440 kg

Rosada conxelada542 ptas.7.680 kg

Aneis lura conxelada595 ptas.4.920 kg

Lote 2

Cebola conxelada170 ptas.9.600 kg

Feixón verde plano conxelado145 ptas.14.160 kg

Minestra verdura real conxelada270 ptas.13.560 kg

Sopa de verduras conxelada120 ptas.12.600 kg

Lote 3

Leite cartón de litro70 ptas.198.000

Lote 4

Coello fresco (kg)567,10 ptas.4.200 kg

Importe: 65.573.420 ptas. (sesenta e cinco millóns cincocentas setenta e tres mil catrocentas vinte pesetas).

394.104,19 euros (trescentos noventa e catro mil cento catro euros con dezanove céntimos de euro).

Duración: un ano desde o 1 de xuño de 1999 ou data da sinatura do contrato se é posterior.

Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas partes, este contrato inicial poderá ser prorrogado nos termos que se establecen no punto 3.5 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundos as necesidades do complexo hospitalario.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 30 de abril de 1999.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6.a) Data límite de recepción de ofertas: 7 de maio de 1999.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7.a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral a partir das 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas.

8. Garantías esixidas.

Provisional: 2% do orzamento estimado.

Definitiva: 4% do orzamento estimado.

Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19-5-1995).

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en metálico segundo as entregas realizadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 da Lei 13/1995.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:

Oferta económica: ata o 50%.

Calidade dos productos: ata 0 30%.

Subministración: ata o 20%.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: admitiranse variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non publicado.

17. Data de envio do anuncio: 16 de marzo de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela