Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00257-I-98).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que

se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, e poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do plazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor del Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no

artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00257-I-98

OBSTRUCCIÓN

LE90R0033251838

Galicia Transportes, S.A.

Ameneiral Perlio, 023

15500 Fene (A Coruña)

Con data de rexistro de saída 20 de marzo de 1998, foi requirida a empresa Galicia de Transportes, S.A., para que no improrrogable prazo de 10 días remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama dos vehículos matrículas C-2633-U, C-3209-AG, LU-8056-D e OR-9649-A, do período comprendido entre o 12 de xaneiro de 1998 e a data de recepción do requirimento, así como relación de conductores que prestaron os seus servicios nos vehículos durante o dito período de tempo, segundo o correspondente xustificante de recepción a recepción do citado requirimento tivo lugar o 25 de marzo de 1998. Transcorrido o prazo sinalado non cumpriu o citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección impedíndolle o exercicio das súas funcións.Art. 33 da Lei 16/1987, de 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e Art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro,

regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241 do 8 de outubro)

Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.