Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación da canteira de lousa Bety, fracción primeira, situada nos municipios de Folgoso do Courel e Quiroga, provincia de Lugo, e promovida pola entidade mercantil R.J.B. Canteros, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avalºiación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación da canteira Bety, fracción 1ª, situada Folgoso do Courel e Quiroga (Lugo)

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

*Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

*Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

*Concellos de Folgoso do Courel e Quiroga.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días, contando a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental