Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de febreiro de 1999 pola que se fai pública a relación dos postos de traballo das sedes da Inspección na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 8 de outubro de 1998 (DOG do 10 de novembro), pola que se establecen as sedes da inspección educativa na Comunidade Autónoma de Galicia e se convoca o procedemento de provisión de postos vacantes nelas, establece no seu artigo primeiro.3. que os postos de traballo de cada unha das sedes citadas se determinarán oportunamente tendo en conta as demandas de atención á función inspectora xeradas polas características educativas singulares de cada sede e de xeito que poida levarse

a cabo unha actuación suficientemente especializada.

Considerando as características de cada unha das sedes da inspección educativa tanto na súa propia entidade poboacional, como na súa condición de referencia obrigada dunha zona de poboación máis ampla, e tendo en conta a relación de postos de traballo da inspección educativa na Comunidade Autónoma de Galicia, cómpre facer unha redistribución dos efectivos da inspección educativa tentando, na medida do posible, equilibra-las necesidades derivadas de cada unha das sedes, coa necesaria dependencia da inspección respecto ás delegacións provinciais e co número de inspectores que integran os servicios provinciais de inspección.

Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro: publicar no anexo I desta orde os postos de inspectores en cada unha das sedes da inspección educativa.

Segundo: tódalas vacantes que figuran no anexo I poderán ser obxecto de concurso de traslados, así como os resultados que puidesen producirse no proceso de resolución do concurso, conforme o disposto na orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Sedes

A CoruñaSantiagoFerrolLugoOurensePontevedraVigo

Postos 23 6 3 15 15 18 10
Ocupados25001114193
Vacantes0634107