Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO da licitación para venda por poxa pública de varias parcelas titularidade do concello.

Publicado no BOP do 8-1-1999 e no DOG do 19-1-1999 os edictos de venda en poxa pública de diversas parcelas de propiedade deste concello e resultando que o Pleno en sesión do 27-2-1999 acordou sacar de novo en poxa pública a parcela de Cofanes, parcela de 84 m na rúa R. Arxentina e parcela Bartolo, cumprindo o disposto no artigo 326 da Lei 5/97, da Admón. local de Galicia faise público o seguinte:

1. As condicións que rexerán na venda da cada unha das parcelas serán idénticas ó xa aprobado no seu día por este concello e que foi obxecto de publicación no BOP nº 4 do 8 de xaneiro de 1999.

2. Os licitadores terán, por tanto, que axustarse par optar á licitación das citadas parcelas ó recollido no correspondente prego e edicto xa publicado no BOP do pasado 8-1-1999, se ben se modifica o prazo de presentación de propostas que será hábiles de 9 a 13 horas nas dependencias desta Casa do Concello desde a publicación do presente edicto no BOP.

3. Todos e cada un dos expedientes co seu correspondente prego de bases estarán á disposición dos interesados na secretaría deste concello, podéndose presentar alegacións e reclamacións respecto dos mesmos no prazo de oito días desde a publicación deste edicto no BOP.

Tomiño, 8 de marzo de 1999.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde