Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio de dous helicópteros con destino á vixilancia, detección e dirección da extinción de incendios forestais durante o ano 1999.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: contratación do servicio de dous helicópteros con destino á vixilancia, detección e dirección da extinción de incendios forestais durante o ano 1999.

2.2. Prazo de execución: cinco meses.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 45.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata (900.000 pesetas).

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata, (1.800.000 pesetas).

6. Clasificación: grupo III, subgrupo 9, categoría D.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e Cód. postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e Códg. postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

P.D. (Orden 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente