Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/313-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Energías Ambientales, S.A.

Domicilio social: r/ José Luis Bugallal Marchesi, 10-1º, 15008 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 132 kV parque eólico das Somozas. Mourela.

Situación: As Somozas e As Pontes.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 132 kV, de doble circuíto (inicialmente só se instalará un), sobre apoios metálicos, tipo celosía, con conductor LA-180, de 12.938 m de lonxitude, con orixe na subestación do parque eólico das Somozas de Energías Ambientales, S.A. e remate na subestación da Mourela, de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e discorrendo polos concellos das Somozas e As Pontes. Infórmase favorablemente o proxecto de execución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegada provincial da Coruña