Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1999 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Monseibán. (Expediente 015-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Desarrollos Eólicos, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de la Buhaira, 2, 41018 Sevilla, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monseibán, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 2 de xaneiro de 1998, Tomás Andueza Gastesi, en nome e representación de Desarrollos Eólicos, S.A., solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Monseibán de 13,5 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A solicitude de DESA, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 6 de marzo de 1998, para os efectos previstos nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación del Sistema Eléctrico Nacional. A citada resolución foi publicada no BOP de Lugo o 28 de marzo de 1998, no Diario Oficial de Galicia o 26 de marzo de 1998, no Boletín Oficial del Estado o 19 de marzo de 1998 e no diario El Progreso, o 21 de marzo

de 1998 e notificada, ademais, por correo certificado con xustificante de recibimento a cada un dos propietarios afectados.

Durante el prazo de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Juan Castro Lage, en nome e representación do Colectivo para a Defensa da Natureza alega, en síntese, que non debe realizarse a avaliación ambiental con posterioridade á autorización administrativa e que parte das instalacións proxectadas se atopan dentro do espacio natural coñecido como Serras do Xistral e A Toxiza-Serras Septentrionais de Galicia e é probable a afección a un espacio natural de gran valor ecolóxico.

2. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia alega, en síntese, que este parque eólico afecta a montes veciñais en man común das parroquias de Samarugo (Vilalba), Corbelle (Vilalba) e Castromaior (Abadín) e que para a declaración da utilidade pública do parque eólico ten que probarse que esta prevalece sobre a utilidade pública do monte veciñal. Así mesmo, expón consideracións sobre o alto valor ambiental da zona en que se pretende situa-lo parque.

3. Francisco Jaureguízar Isasi, en nome e representación de Silicatos Minerales, alega que a dita empresa posúe unha concesión de explotación mineira outorgada co número 5.177 da provincia de Lugo e denominada Santitxu, en vigor solicitando sexa tida en conta á hora de executa-lo parque eólico Monseibán a citada concesión de explotación mineira.

As citadas alegacións foron remitidas á empresa Desarrollos Eólicos e contestadas por esta dentro do prazo regulamentariamente establecido.

Terceiro.-O 14 de decembro de 1998, a Dirección Xeral de Industria desestimou as alegacións presentadas durante o prazo de información pública e resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, que ten as seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

MonseibánVilalba

Abadín

0.613.4004.806.900
0.617.3504.805.400
0.617.6004.805.750
0.618.8004.806.750
0.619.9004.803.500
0.615.0004.803.500
0.614.5484.804.076
0.614.7284.804.211
0.614.7884.804.131

NomeMunicipioVértices

XY

0.615.3474.804.550
0.615.2874.804.631
0.616.2464.805.351
0.616.1264.805.511
0.615.8874.805.331
0.615.9464.805.250
0.615.5474.804.951
0.615.3624.805.182
0.615.2874.805.131
0.615.4074.804.971
0.615.2474.804.851
0.615.3084.804.770
0.615.0684.804.590
0.615.0084.804.670
0.614.5284.804.310
0.614.5884.804.230
0.614.4874.804.154
0.613.2004.805.800

Nº de aeroxeradores: 45.

Potencia unitaria por aeroxerador: 300 kW.

Potencia total instalada: 13,5 MW.

Altura das torres: 30 metros.

Diámetro de pas: 31 metros.

Producción máxima anual: 35.133 MWh/ano.

Investimento previsto: 2.025.000.000 de ptas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional, aplicable a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico nacional e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico de Monseibán coas características que se definen nesta resolución, para os efectos establecidos no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional.

En contra da presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo perante o Xul

gado Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses a contar desde a súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio