Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Monseibán. (Expediente 015-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Desarrollos Eólicos S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de la Buhaira, 2, 41018 Sevilla, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monseibán; esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O 2 de xaneiro de 1998, Tomás Andueza Gastesi, en nome e representación de Desarrollos Eólicos, S.A., solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Monseibán de 13,5 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública por Resolución do 6 de marzo de 1998, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, Decreto 2167/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e Decreto 205/1995 do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no BOP de Lugo o 28 de marzo, no Diario Oficial de Galicia o 26 de marzo, no Boletín Oficial do Estado o 19 de marzo e no diario El Progreso, o 21 de marzo de 1998.

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Juan Castro Lage, en nome e representación do Colectivo para a Defensa da Natureza alega, en síntese, que non debe realizarse a avaliación ambiental con posterioridade á autorización administrativa e que parte das instalacións proxectadas atópanse dentro do espacio natural coñecido como Serras do Xistral e A Toxiza-Serras Septentrionais de Galicia e é probable a afección a un espacio natural de gran valor ecolóxico.

2. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia alega, en síntese, que este parque eólico afecta a montes veciñais en man común das parroquias de Samarugo (Vilalba), Corbelle (Vilalba) e Castromaior (Abadín) e que para a declaración da utilidade pública do parque eólico ten que probarse que esta prevalece sobre a utilidade pública do monte veciñal. Así mesmo, expón consideracións sobre o alto valor ambiental da zona en que se pretende situa-lo parque.

3. Francisco Jaureguízar Isasi, en nome e representación de Silicatos Minerales alega que a dita empresa posúe unha concesión de explotación mineira outorgada co número 5.177 da provincia de Lugo e denominada Santitxu, en vigor na que se solicita sexa tida en conta á hora de executa-lo parque eólico Monseibán a citada concesión de explotación mineira.

As citadas alegacións foron sido remitidas á empresa Desarrollos Eólicos, S.A. e contestadas por esta dentro do prazo regulamentariamente establecido.

Terceiro.-O 23 de xullo de 1998, a Dirección Xeral de Calidade y Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Cuarto.-O 18 de agosto de 1998, a delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

MonseibánVilalba

Abadín

0.613.4004.806.900
0.617.3504.805.400
0.617.6004.805.750
0.618.8004.806.750
0.619.9004.803.500
0.615.0004.803.500
0.614.5484.804.076
0.614.7284.804.211
0.614.7884.804.131
0.615.3474.804.550
0.615.2874.804.631
0.616.2464.805.351
0.616.1264.805.511
0.615.8874.805.331
0.615.9464.805.250
0.615.5474.804.951
0.615.3624.805.182
0.615.2874.805.131
0.615.4074.804.971
0.615.2474.804.851
0.615.3084.804.770
0.615.0684.804.590
0.615.0084.804.670
0.614.5284.804.310
0.614.5884.804.230
0.614.4874.804.154
0.613.2004.805.800

Nº de aeroxeradores: 45.

Potencia unitaria por aeroxerador: 300 kW.

Potencia total instalada: 13,5 MW.

Altura das torres: 30 metros.

Diámetro das pas: 31 metros.

Producción máxima anual: 35.133 Mwh/ano.

Investimento previsto: 2.025.000.000 de ptas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación cos xa citados decretos 2617/1966, do 20 de outubro e 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

a )De conformidade co disposto no artigo 6.1º da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais

en man común, estes só poderán ser obxecto de expropiación forzosa por causa de utilidade pública ou interese social prevalente á dos propios montes veciñais.

Polo tanto, resulta necesario autorizar administrativamente a instalación dos equipos electromecánicos do parque denominado Monseibán e declara-la súa utilidade pública en concreto, para os efectos de iniciar, se é o caso, o expediente de expropiación dos montes veciñais afectados e de poder continua-la tramitación do expediente segundo o disposto no artigo 6.2º do Regulamento de execución da citada lei, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro.

b) O proxecto someteuse a un estudio ambiental e aprobouse a declaración de efectos ambientais por Resolución do 23 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

c) O 2 de xaneiro de 1998, Tomás Andueza Gastesi, en nome e representación de Desarrollos Eólicos, S.A, solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Monseibán de 13,5 MW coas seguintes coordenadas UTM.

XY

6134004806900
6173504805400
6176004805750
6188004806750
6199004803500

Francisco Jaureguízar Isasi, en nome e representación de Silicatos Minerales, alega que a dita empresa posúe unha concesión de explotación mineira outorgada co número 5.177 da provincia de Lugo e denominada Santitxu coas seguintes coordenadas UTM.

XY

6155474804951
6159464805250
6158874805331
6161264805511
6162464805351
6152874804631
6153474804550
6147884804131
6147284804211
6141694803791
6140494803950
6142084804070
6142694803990
6145884804230
6145284804310
6150084804670
6150684804590
6153084804770
6152474804851
6154074804971
6152874805131
6153624805182

O 9 de decembro de 1998, a fin de resolve-la alegación presentada, Tomás Andueza Gastesi, en nome

e representación de Desarrollos Eólicos, S.A., propón reduci-la área de afección do proxecto Monseibán excluíndo a presente autorización a zona na que se atopa a concesión de explotación mineira Santitxu, resultando as coordenadas UTM definitivas:

NomeMunicipioVértices

XY

MonseibánVilalba

Abadín

0.613.4004.806.900
0.617.3504.805.400
0.617.6004.805.750
0.618.8004.806.750
0.619.9004.803.500
0.615.0004.803.500
0.614.5484.804.076
0.614.7284.804.211
0.614.7884.804.131
0.615.3474.804.550
0.615.2874.804.631
0.616.2464.805.351
0.616.1264.805.511
0.615.8874.805.331
0.615.9464.805.250
0.615.5474.804.951
0.615.3624.805.182
0.615.2874.805.131
0.615.4074.804.971
0.615.2474.804.851
0.615.3084.804.770
0.615.0684.804.590
0.615.0084.804.670
0.614.5284.804.310
0.614.5884.804.230
0.614.4874.804.154
0.613.2004.805.800

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autorizar a Desarrollos Eólicos, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Monseibán, que se situarán nos concellos de Vilalba e Abadín e aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Desarrollos Eólicos, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por importe de 40.500.000 pesetas, conforme o disposto no artigo 14 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en cualquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, alínea 39 do Decreto 1775/1967, de 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan haberán de realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 2.025.000.000 de ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio en Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Desarrollos Eólicos, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de diciembre, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (D0G do 14 de xullo), no prazo de 2 meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación. O parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por cualquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

En contra da presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación, conforme co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria