Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 2 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/22-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sinas II.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 346 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 67 da L.M.T.

Sinas I ata o C.T. que se proxecta en Sinas II, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 275 m de lonxitude con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 2 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/22. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Sinas II.Termo municipal: Vilanova de Arousa.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Agro dos

Condes

LabradíoPilar Romero NogueiraFontiña-O Rial-Vilaxoán, 18

36611 Vilagarcía de Arousa

30

2Agro dos

Condes

LabradíoDomingo Leiro BoullosaAduana-Coron, 18

36620 Vilanova de Arousa

24240

4Agro dos

Condes

Monte altoDescoñecido

Rpta. Fiscal de la Audiencia Prov. de Pont.

Salvador Moreno, 11

Pontevedra

1250500

6SaboiLabradíoCarmen Martínez AidoVista Real, 26

36620 Vilanova de Arousa

106530

7SaboiLabradíoDivina Villanueva ÁlvarezCoron de Arriba, 82

36620 Vilanova de Arousa

2180400

8SaboiLabradíoLuisa Villanueva ÁlvarezPantrigueira-Caleiro, 3

36620 Vilanova de Arousa

2180400

9SaboiLabradíoManuel Castrelo VillanuevaNogueiro-Bamio, 29

36618 Vilargarcía de Arousa

3-C.T.374370

10SaboiLabradíoLuisa Castrelo VillanuevaCorbillon-A Veiga, 7

36630 Cambados

3-C.T.374370

1791