Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de febreiro de 1999, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00462-I-98 e DX-00568-I-98).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores qque poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1999.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

da Dirección Xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00462-I-98

C-4719-V

LE9OR0032413918

Empresa Vidal, S.L.

Sagrada Familia, 37-3º Esq.

157 A Coruña

Realizar transporte público regular de viaxeiros de uso especial (escolar), ó colexio privado Videlba (Perillo-Oleiros), co vehículo matrícula C-4719-V, carecendo no vehículo de libro de reclamacións e de martelos rompecristais.

23-10-1998; 9.31

Artigo 4.3º do R.D. 2296/1983, orde ministerial do 25 de outubro de 1990, sobre documentos de control en relación co transporte de viaxeiros (BOE nº 260, do 30)143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199060.000 ptas.

DX-00568-I-98

C-1807-AT

LE9OR0033289433

Fa Nogueira Castro

M. Piñeiro Pose, 8

157 Laracha, A Coruña

Realizar transporte de mercadorías (papel) co vehículo matrícula C-1807-AT, que está provisto de autorización da serie MDL-T, que presenta un peso total en báscula de 4.650 quilogramos, estando autorizado para un P.M.A. de 3.500 quilogramos, o que supón realizar tarnsporte cun exceso de 1.150 quilogramos que representan un 32% de exceso sobre o seu peso máximo autorizado.

15-12-1998; 11.12; N-550; 59

Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.