Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.136

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 8 de marzo de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 17 de novembro de 1998.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, por Orde do 17 de novembro de 1998, (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 23 de novembro), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 17 de novembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 23 de novembro).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, fosen concedidos ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino,

consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

N.R.P./DNI: 33857443 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Santiso Méndez, María José.

Código: OT.C99.10.000.27001.001.

Denominación do posto de traballo: secretario/a delegado provincial.

Centro directivo: delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Localidade: Lugo.

Corpo ou escala: A1 Admón. xeral.

Nivel: 16.

Específico: 511.116.