Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.127

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 8 de febreiro de 1999 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións á contratación indefinida de traballadores con discapacidade para o exercicio económico de 1999.

Advertidos erros, na devandita orde, publicada no DOG nº 30, do luns 15 de febreiro de 1999, cómpre efectua-las oportunas correccións:

-Na páxina 1.670, no anexo IV:

Onde di: «TITULAR DA CONTA DE PRÉSTAMO», debe dicir: «TITULAR DA CONTA».

Onde di: «DATOS DA CONTA DE PRÉSTAMO», debe dicir: «DATOS DA CONTA».

Onde di: «corresponden ó título e número da conta de préstamo subvencionado.», debe dicir: «corresponden ó título e número de conta.».