Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.123

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo das empresas Alonarti Envases, S.A. (centro de Vigo) e Instalaciones y Servicios la Artística, S.A.

Vista a acta da reunión das representacións económica e social das empresas Alonarti Envases, S.A. (centro de Vigo) e Instalaciones y Servicios La Artística, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-2-1999, na que se acordou, con data do 20 de xaneiro de 1999 a revisión dos complementos recollidos nos seguintes artigos do seu convenio colectivo: artigo 6º (Xornada nocturna), artigo 12º (Horas extra), artigo 19º (Axuda escolar), artigo 20 (Axuda por minusvalidez), artigo 24º (Plus de transporte), así como a revisión salarial para 1999 (consonte co artigo 30º do citado convenio colectivo), esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e

servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de febreiro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión das representacións sociais e patronais das empresas Alonarti Envases, S.A.

(centro de Vigo) e Instalaciones y Servicios

La Artística, S.A.

Acta nº 2/99

Asistentes:

Por Alonarti Envases, S.A.:

Empresa:

Javier Freitas

Traballadores:

Alberto González Docampo

José Vila Lamas

Antonio Rodríguez Crespo

Celestino Suárez Vallina

Por Inst. y Serv. La Artística, S.A.:

Empresa:

Juan Ferradáns

Traballadores:

Dolores Miguéns Castro

En Vigo, ás 13 horas do 20 de xaneiro de 1999, reúnese a representación das empresas sinaladas co comité de Alonarti Envases, S.A. (centro de Vigo) e a delegada de persoal de Inst. y Serv. La Artística, S.A., coa asistencia que arriba se cita:

Orde do día: revisión das táboas do convenio colectivo para 1999.

Aberta a sesión e efectuados os cálculos en aplicación do artigo 7º do convenio, acórdase que a porcentaxe de revisión é o 2,07% que, aplicada sobre as táboas de 1998, resultan os valores da táboa salarial anexa que é de aplicación desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1999.

Tamén se revisan os seguintes conceptos, e establécense para 1999 os importes que se indican:

Artigo 6º.-Xornada nocturna: os complementos establécense en 2.771 ptas. e 2.511 ptas. respectivamente.

Artigo 12º.-Horas extra: os complementos establécense en 444 ptas. e 1.777 ptas. respectivamente.

Artigo 19º.-Axuda escolar: a axuda escolar establécese en 2.756 ptas.

Artigo 20º.-Axuda por minusvalidez: a axuda por minusvalidez establécese en 19.358 ptas.

Artigo 24º.-Plus de transporte: incrementarase no 2,07%.

Artigo 30º.-Revisión salarial: a porcentaxe de revisión salarial fíxase no 1,8%.

Unha vez aprobada a táboa salarial para 1999 e o importe dos conceptos relacionados, acórdase a remisión desta acta e das táboas salariais á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para o seu rexistro e publicación.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 14.30 horas da data arriba indicada.

Representac. empresarialRepresentac. dos traballadores

Javier FreitasJosé Vila

Juan FerradánsAlberto González

Dolores Miguéns

Lista do ficheiro de conceptos fixos de retribución correspondente a 1999