Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONTRATACIÓN de obras do plan de instalacións deportivas.

No BOP de Ourense, do día 1 de marzo actual, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura da documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figura no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras:

-Os Blancos. Campo de fútbol nos Blancos. Proxecto técnico do enxeñeiro agrónomo Francico Javier

Alzola Rico, con orzamento de contrata de 45.000.000 de ptas. e prazo de execución de 9 meses. Clasificación esixida: grupo A, subgrupo 2, categoría d.

-Maside. Arranzo de piscina en Maside. Proxecto técnico das arquitectas Elvira Carregado Pazos e Dulcemanía Trigo Cousillas, con orzamento de contrata de 60.000.000 de ptas. e prazo de execución de 9 meses. Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 2, categoría c.

Ourense, 8 de marzo de 1999.

O presidente

Rubricado