Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Convócase o proceso selectivo para o nomeamento interino dun técnico de Administración xeral.

As bases para rexe-la contratación foron aprobadas polo Pleno desta Corporación Municipal en sesión do 22-2-1999, e publicáronse integramente no BOP da Coruña, nº 49, do 2-3-1999.

Os interesados en tomar parte neste proceso selectivo presentarán as súas solicitudes no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 20 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Ribeira, 3 de marzo de 1999.

José Luis Torres Colomer

Alcalde