Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO da aprobación inicial do SAU-5.

O Concello en Pleno, en sesión do 23 de febreiro de 1999, acordou, con quórum legal, aprobar inicialmente o Plan parcial do SAU-5, segundo obra no proxecto inherente, redactado polo estudio de arquitectura, de Santiago de Compostela, integrado por Jorge Luarte Vázquez e dous máis, no proxecto do cal, xa reformado, se recollen as observacións formuladas ó inicial polo Servicio Provincial de Urbanismo, en escrito de saída nº 1 de data do 7 de xaneiro de 1999.

O que se fai público durante o prazo dun mes, segundo establece o artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e para os efectos nel indicados.

Melide, 26 de febreiro de 1999.

Himerio Curros V.

Alcalde Acctal.