Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARANGA

ANUNCIO.

En virtude do acordado pola Comisión de Goberno, en sesión do día 24 de febreiro de 1999, anúnciase concurso con procedemento aberto para a adxudicación da seguinte obra, incluída no Plan 2000 de Infraestructuras, anualidade de 1999, denominada rede de sumidoiros en Montesalgueiro, primeira fase.

Tipo de licitación: 15.807.017 pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza: provisional do 2% e definitiva do 4% do prezo de licitación.

Expediente: poderá ser examinado na secretaría en horas de oficina.

Proposicións: no prazo de 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, nas oficinas municipais, en horas de 9 a 13.

Modelo de proposición: en modelo oficial, conforme o prego de cláusulas administrativas xerais.

Apertura de proposicións: na sala de sesións do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas.

Aranga, 25 de febreiro de 1999.

José Mosquera Maceiras

Alcalde-presidente