Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/51-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento Hotel Palacio de Vigo.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 45 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña TRO 7.13 á altura do cruzamento das rúas República Arxentina e García Barbón, alimentando en bucle o centro de seccionamento do Hotel Palacio de Vigo, concello de Vigo. Centro de seccionamento con 3 celas de liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra