Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1999 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, as obras de construcción dun pavillón polideportivo no CEIP Laverde Ruíz en Outeiro de Rei (Lugo).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamentos.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dun pavillón polideportivo no CEIP Laverde Ruíz.

b) Lugar de execución: Outeiro de Rei (Lugo).

c) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 75.373.525 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: ver prego.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (información).

b) Enderezo: edificio Adtvo. San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 23 93.

b) Enderezo: r/ Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C; subgrupo todos e categoría E.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario. Se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións, se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria