Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer duns locais sitos en Santiago de Compostela, para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 55 do seu regulamento, e á vista

das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio que hai que satisfacer e da urxencia de dispor do local xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer duns locais nas rúas Fonte dos Concheiros, 9, 11 e 13 e Barrio das Fontiñas, 31A-31B, de Santiago de Compostela, para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda