Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.091

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 19 de febreiro de 1999 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán 1999.

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 46, do 8 de marzo de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 2.649 no anexo I, na columna data, na liña correspondente ó campamento xuvenil Penedos de Xacinto-Entrimo (Ourense), onde di: «17/31-9-1999», debe dicir: «17/31-8-1999».

-Na páxina 2.650, no anexo II, no pé do impreso de solicitude, no recadro correspondente á lexislación aplicable, onde di: «Orde do 4 de febreiro de 1999 pola ...», debe dicir: «Orde do 19 de febreiro de 1999 pola ...».