Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.089

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 4 de marzo de 1999 pola que se autoriza a apertura dos establecementos dedicados á venda de libros, o 17 de maio de 1999, Día das Letras Galegas.

Por medio do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, reguláronse os horarios comerciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, determinándose no parágrafo segundo da súa disposición adicional que regulamentariamente se poderán regula-los horarios comerciais dos establecementos dedicados exclusivamente á venda de productos culturais, e habilitando na disposición derradeira primeira o conselleiro de Industria e Comercio para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación, execución e eficacia do devandito decreto.

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, esta consellería considera conveniente autoriza-la apertura dos establecementos comerciais dedicados á venda de libros o 17 de maio de 1999,

para conseguir con isto a maior difusión, mediante a venda de libros, do patrimonio literario galego.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.-Autorízase os establecementos dedicados á venda de libros a abri-lo día 17 de maio de 1999, Día das Letras Galegas.

No caso de establecementos que realicen a venda de libros simultaneamente coa doutros productos, a autorización refírese exclusivamente á venda dos devanditos artigos.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio