1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: subministración de cinco (5) fotocopiadoras e unha (1) copiadora gran formato con plotter, coas características e calidades mínimas descritas no prego de prescricións técnicas.
b) Lugar de entrega: o que se fixe no contrato que se vai subscribir.
c) Prazo de entrega: trinta días a partir da data de formalización do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento máximo autorizado.
a) Orzamento total: 8.800.000 pesetas.
b) División por lotes:
Lote nº 1: tres (3) fotocopiadoras
Importe total: 4.400.000 pesetas.
Lote nº 2: dúas (2) fotocopiadoras e unha (1) copiadora gran formato con plotter.
Importe total: 4.400.000 pesetas.
Os licitadores poderán presenta-las súas ofertas para a totalidade do material que se vai subministrar ou para cada un dos lotes referidos.
5. Garantía provisional: 176.000 pesetas.
6. Garantía definitiva: 352.000 pesetas.
7. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede central do IGVS (Polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela).
8. Presentación de proposicións.
a) Modelos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Admisión de variantes: non se admiten variantes.
c) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario. No caso de que o citado día sexa inhábil, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.
d) Lugar de presentación: no rexistro da sede central do IGVS.
9. Apertura de proposicións.
a) Lugar: sala de xuntas da sede central do IGVS.
b) Data: o décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. No caso de que o citado día sexa inhábil, o acto público de apertura das proposicións trasladarase ó seguinte día hábil.
c) Hora: ás 10 horas.
10. Gastos do anuncio: o importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1999.
P.D. (Resolución 6-4-1995)
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo