Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso polo procedemento aberto, da asistencia técnica para dirección de obras hidráulicas na demarcación de Galicia norte (A Coruña).

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador.

Organismo autónomo Augas de Galicia.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: 981 54 45 51.

Telefax nº: 981 54 45 34.

2. a) Procedemento de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

b) Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Número de referencia da CCP 867.

Clave OH.915.448/AT.

Asistencia técnica para a dirección de obras hidráulicas na demarcación de Galicia norte. (A Coruña).

Orzamento: 55.000.000 de ptas. (cincuenta e cinco millóns de pesetas, equivalente a 330.556,66 euros)

3. Lugar de execución.

Provincia da Coruña

4. a), b), c) Cualificación profesional do persoal responsable:

É a indicada no punto 9.1. do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

6. Variantes.

Os licitadores poderán presentar, ademais, se o consideran conveniente, unha variante ou alternativa que, sen alterar substacialmente o prego de prescricións técnicas particulares, o melloren.

7. Prazo de execución do contrato.

24 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: organismo autónomo Augas de Galicia. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono: 981 54 45 51.

b) Data límite para presentación de proposicións:

26 de abril de 1999, ás 12 horas.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 6 de maio de 1999, ás 10 horas.

10. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (1.100.000 ptas., equivalente a 6.611,133 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (2.200.000 ptas., equivalente a 13.222,266 euros).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase por certificación mensual aprobada polo presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas, segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta, 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo II, subgrupo 3, categoría B, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

17. Data de envío do anuncio.

3 de marzo de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

3 de marzo de 1999.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia