Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto da miniplanta de transferencia de residuos sólidos urbanos en Chantada, situada no concello de Chantada (Lugo) e promovida por Sogama, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto da miniplanta de transferencia de residuos sólidos urbanos en Chantada, situada no concello de Chantada (Lugo).

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse, á disposisición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

-Concello de Chantada.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental