Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.992

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1999, da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública da propiedade do Estado, ramo de Defensa, denominada Cuartel do Grupo Táctico do Prioiro.

-Situado no sitio denominado O Prioiro, termo municipal de Ferrol, parroquia de Covas.

-Inscrito como predio rexistral único, co nº 15.748, tomo 766, libro 154, folio 212, do Rexistro da Parroquia de Ferrol.

-Superficie total: 12.388 metros cadrados. Solo non urbanizable.

-Cantidade mínima para a poxa: 12.725.223 pesetas.

-Características físicas, urbanísticas e descrición da propiedade: son as reflectidas no prego de condicións técnicas e legais que rexen para a poxa.

-Foi declarada a súa desafectación, alleabilidade e posta á disposición da Xerencia de Infraestructura da Defensa, con data do 11 de xuño de 1991.

-O acto de poxa celebrarase ante a mesa constituída para o efecto na sede da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, rúa da Princesa, nº 32, Madrid, o día 26 de marzo de 1999, a partir das 10 horas.

-Información e pregos: serán facilitados na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, no domicilio xa indicado, (teléfono 542 08 09) e na Delegación da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa en Galicia e Asturias Costa da Palloza, nº 1-2º, Deptº. 7, A Coruña, en horario de oficina.

Madrid, 25 de febreiro de 1999.

P.D. (O. 24-1999, BOE 24-99)

Juan Antonio Miguélez Paz

Director xerente da Infraestructura e Equipamento

da Defensa