Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

ANUNCIO de licitación.

Anuncio de licitación para contratar por concurso público, procedemento aberto e urxente, a adxudicación conxunta da obra e o seu proxecto técnico, denominada construcción dun albergue xuvenil en Xunqueira de Ambía.

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, sobre contratos das administracións públicas, anúnciase procedemento aberto e urxente para adxudicar, mediante concurso, conxuntamente a obra que antecede co seu correspondente proxecto técnico.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Xunqueira de Ambía, praza San Rosendo, 1, 32670 Xunqueira de Ambía (Ourense). Teléfono: 988 43 60 40, Fax: 988 43 60 69.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello, onde poderán obter copia do prego de condicións, do proxecto básico e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras, así como a redacción do correspondente proxecto técnico de execución, de acordo co básico aprobado.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 19.781.828 ptas. (conxuntamente para proxecto e obra), IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% tipo ou base licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Presentación de ofertas: dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, excepto sábados. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

7. Gastos de anuncios e tributos: por conta do adxudicatario.

O que se fai público para cumplir co establecido no artigo 326 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

Xunqueira de Ambía, 11 de febreiro de 1999.

José Luis Gavilanes Losada

Alcalde