Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1999 referente á convocatoria para a provisión dunha praza de bedel.

No BOP de Lugo nº 33, do 10 de febreiro de 1999, publícanse íntegras as bases que rexerán o concurso-oposición para a provisión dun posto de traballo de bedel, categoría peón en réxime de persoal laboral fixo, correspondente á oferta de emprego público de 1998.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Lugo e, de se-lo caso, no taboleiro de anuncios do Concello de Foz (Lugo).

Foz, 11 de febreiro de 1999.

José María García Rivera

Alcalde

Luis Mª Fernández del Olmo

Secretario