Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación de nomeamentos de novo instructor e secretaria formulados no expediente sancionador GA-P-41/1998, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Neste Servicio de Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra, tramítase expediente sancionador número GA-P-41/98, seguido contra Julio Iglesias e Óscar

Troncoso Poceiro, titular do establecemento denominado Cafetería Hotel Pinar, sito en r/ Gondar, número 6 do concello de Sanxenxo.

En tal expediente dictouse polo director xeral de Interior Resolución con data do 9 de decembro de 1998 pola que se acorda nomear, con efectos desde a devandita data, novo instructor do expediente a Juan Girón Astray, e secretaria del a Clara Eugenia García Bermúdez, deixando sen efecto os anteriores nomeamentos.

O que se pon no seu coñecemento, coa indicación de que os nomeados poderán ser recusados de acordo cos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 10 de febreiro de 1999.

Juan Girón Astray

Instructor