Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/44-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S, C.T.C, R.B.T.S. Rúa do Ensino.

Situación: Cedeira.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 70 m de lonxitude, con orixe na liña las fábricas-instituto (Expte. 50101) e final na mesma liña umha vez entre e saia do C.T. rúa do Ensino, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, en rúa do ensino, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, subtrerránea en conductor R.V. de 40 m de lonxitude. Cedeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña