Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

ANUNCIO.

No BOP nº 22, do 2 de xaneiro de 1999, publícanse integramente as bases da convocatoria de probas selectivas, realizada polo Concello de Calvos de Radín, para prover mediante concurso-oposición, con reserva de promoción interna, dunha praza da escala de administración xeral, subescala auxiliar.

Os que, por reuniren os requisitos esixidos na convocatoria, desexen participar neste procedemento selectivo, deberán presentar instancia no rexistro xeral do Concello de Calvos de Randín, ou segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria serán publicados exclusivamente no BOP e no taboleiro de anuncios desta corporación.

Calvos de Randín, 12 de febreiro de 1999.

Antonio López Martínez

Alcalde-presidente