Obxecto e orzamento: subministración dunha reveladora luz día para o programa galego de detección precoz do cancro de mama, por un importe máximo de tres millóns seiscentas mil pesetas (3.600.000 ptas., IVE incluído).
Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
Prazo de execución: ver apartado 3.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
Admisión de variantes: non se admiten.
Criterios de adxudicación: ver apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de con
tratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no Edificio Administrativo San Caetano (ático á norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División
de Recursos Económicos