Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración e entrega de equipamento para a realización de traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais durante o ano 1999.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: adquisición e entrega de equipamento para a realización de traballos de

prevención, detección e extinción de incendios forestais durante o ano 1999.

2.2. Prazo de execución: 30 días desde a formalización do contrato.

3. Orzamento base licitación.

Importe total: 24.435.000 ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata ou dos lotes ós que se presenten ofertas.

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata ou do lote adxudicado.

6. Documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: r/ Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 17 49.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

7.1. Fecha límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

7.2. Documentación que cómpre presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

7.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Fecha: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1999.

P. D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente