Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/38-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda.de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S., R.B.T.S. r/ Manuel Murguía s/n.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mmAl de 120 m de lonxitude con orixe na liña que alimenta C.T. cronista Armesto e final C.T. en r/ Manuel Murguía s/n, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 630 kVA e tensións de 15/0, 380-0 kV en r/ Manuel Murguía s/n do que parte rede de baixa tensión subterránea, con coductor R.V. de 100 m A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña