Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/20-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Arcos II.

-Situación: Meis.

-Descricións técnicas:

L.M.T., aérea, a 20 kV, de 324 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 5 da L.M.T. derivación ó C.T. Penente

II, ata o C.T. que se proxecta en Arcos II, concello de Meis. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 607 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº de expediente: A.T. 99/20 Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Arcos IITermo municipal: Meis

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNº apoiommlm

3SantinLabradíoMª Teresa Paz TorresPenente-San Vicente, s/n, 36637-Meis10100

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNº apoiommlm

6SantinLabradíoAgustín Abal BarralVilaboa, s/n, 36141-Vilaboa20200
14TouticeirasMonte altoAdolfo Otero RodiñoPazo-Mosteiro-San Tomé, 1, 36637-Meis15150