Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/17-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Tiravao.

-Situación: Vilanova de Arousa.

-Descricións técnicas:

L.M.T., aérea, a 20 kV, de 292 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 24 da L.M.T. Tibo-Curro, entre as derivacións Serantes e Carballo, ata o C.T. que se proxecta en Tiravao, concello de Vilanova de Arousa.

C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 570 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. de Tiravao. R.B.T., aérea, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. Serantes.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº de expediente: A.T. 99/17 Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T.-R.B.T. TiravaoTermo municipal: Vilanova de Arousa

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNº apoiommlm

2A RozaLabradíoJuan Víctor FernándezCid. Carballo-Baión, 9, 36620-Vilanova de Arousa15

3A RozaLabradíoJuan Víctor FernándezCid. Carballo-Baión, 9, 36620-Vilanova de Arousa28165
4A RozaLabradíoManuel Bemposta LagoTiravao-Baión, 9, 36620-Vilanova de Arousa30300

5A RozaMonte altoManuel Bemposta LagoTiravao-Baión, 9, 36620-Vilanova de Arousa1250800

6A CachadaLabradíoDivina Vila PazTiravao-Baión, 6, 36620-Vilanova de Arousa20200

7A CachadaLabradíoManuel Bemposta Lago.Tiravao-Baión, 9, 36620-Vilanova de Arousa28280

8A CachadaViñedoRafael Ares CrespoCouto-Tremoedo, 27

36620-Vilanova de Arousa

œ-C.T.3130750

9A GanadoraLabradíoDivina Paz CrespoTiravao-Baión, s/n, 36620-Vilanova de Arousa22850

10A GanadoraLabradíoHros. de Daniel Paz CrespoAvda. Galicia, 28, 36400-O Porriño1475

11A GanadoraLabradíoJosé Manuel Vila PazRivero de Aguilar, 1-2ºI, 36600-Vilagaría de Arousa130

12A GanadoraViñedoDivina Vila PazTiravao-Baión, 6, 36620-Vilanova de Arousaœ-C.T.366200