Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (404/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 18 de febreiro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente os estatutos e bases de actuación da xunta de compesación do sector A-6 do PXOU de Ourense por petición da comisión xestora do sector A-6, representada por Manuel Freijeiro Mato.

Somete-lo expediente a información pública polo prazo de vinte días en forma regulamentaria, con citación persoal dos propietarios afectados.

De conformidade co disposto no Art. 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente, a exposición pública polo plazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no Art. 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 24 de febreiro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde