Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDO

EDICTO.

Aprobadas polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 4 de decembro de 1998, as bases para a provisión dunha praza de persoal de servicio múltiples. A referida praza está incluída na oferta pública de emprego deste concello para o ano 1992, coas seguintes referencias:

Tipo de posto: funcionario de carreira.

Denominación: encargado de iluminación pública e outros servicios.

Clasificación: escala de Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, persoal de oficios.

Sistema de provisión: concurso oposición.

Titulación esixida: certificado de escolaridade ou equivalente.

Presentación de solicitudes: as instancias para tomar parte na convocatoria presentaranse no modelo e cos requisitos establecidos nestas bases, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio de convocatoria no BOE.

Carballedo, 5 de febreiro de 1999.

Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco

Alcalde