Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMARIÑAS

ANUNCIO de poxa de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Camariñas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 16.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de pavimentación de vías interiores Camariñas incluída na 5ª fase da anualidade de 1999 do Plan 2000 Infraestructuras.

b) Lugar de execución: Camariñas.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento base de licitación: 7.303.347 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Camariñas, praza de Insuela, 57, Camariñas, 15123. Teléfono: 981 73 60 00-981 73 60 25. Telefax: 981 73 63 19.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixe clasificación nin outros requisitos específicos.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no DOG ou no BOP, en horas de 9 a 14.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego-tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Deputación Provincial da Coruña por acordo do Pleno da Corporación do 28 de novembro de 1996 (BOP nº 282, do 9 de decembro).

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Camariñas.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil seguinte (agás sábado) a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Camariñas, 12 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado