Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (19/1999).

A Alcaldía-Presidencia, con data do 26 de febreiro de 1999, adoptou acordo do teor seguinte:

1. Incoar expediente para a modificación do sistema de actuación que se seguirá para a execución do Paseo Marítimo na zona de Labañou, substituíndo o de expropiación polo de ocupación directa.

2. Aprobar inicialmente a delimitación, como polígono único, do POL E3.01 para a xestión do APE E3.01 coa seguinte delimitación e relación de propietarios afectados.

Delimitación:

Partindo da esquina noroeste do grupo María Pita na Ronda de Outeiro (punto 1) e discorrendo polo bordo da beirarrúa existente diríxese en liña quebrada de 97,35 ms/l (puntos 2 e 3) cara ó punto 4 (esquina nordés do Grupo María Pita) onde toma dirección sur ata o punto 10 (na esquina do citado grupo coa Avda. de Labañou) mediante unha liña de 250 ms/l que vai seguindo as voltas de beirarrúa existente. No dito punto a liña toma primeiro dirección sueste nunha diagonal de dez metros cara á esquina oposta da r/ Honduras, dirixíndose entón cara ó leste novamente nunha liña recta de 34 ms/l que discorre paralela a tres metros da fachada das edificacións da Avda. de Labañou (punto 11) onde fai unha pequena volta tomando como referencia a esquina sureste do edificio do Refuxio da Caridade, cara a este punto diríxese deténdose na intersección da prolongación do muro que cerra polo leste a propiedade do Refuxio (punto 12). Desde este punto a liña xira cara ó norte discorrendo pegada ó citado

cerre en liña de 174 ms/l ata o seu entroncamento coa aliñación exterior do Paseo Marítimo (punto 13). Finalmente o polígono cérrase coa liña formada pola aliñación exterior do citado Paseo e da Ronda de Outeiro, de 327 ms/l, ata o seu entroncamento co punto número 1.

Delimitación polígono POL E3.01 (Labañou)

Relación de propietarios

Parcela

Ref.

catastral

Propietario

Domicilio

Cidade

Superficie

afecta ó

polígono

Superficie

afecta a

dotacións

locais

1-APE7028001Construcciones Coruña BOH369,80

2-APE7028002Provico, S.L.490,20

3-APE7028004Martínez Orro, S.L.Pepin Rivero, 1A Coruña1.873,30

4-APE7028005Dolores Seoane Suárez3.200,40

5-APE7028006Manuel Seoane SuárezMaría PitaA Coruña4.418

6-APE7028007Fernando Iglesia MantiñanMaría Luisa Durán MarquinaA Coruña1.250

7-APE7028008Ra. Pedreira de la Iglesia21.356

8-APE7028009Hr. Manuel Seoane SuárezOuteiro1.257

10-APEConcello da CoruñaMaría PitaA Coruña4.250 4.250

Ten asignado, formando parte da mesma área de reparto, unha parcela exterior cos datos identificativos os seguintes:

9-ARE7028011Ramón Val Santiso e outrosRonda Outeiro, 258-6º DA Coruña1.447

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 121 da Lei do solo de Galicia, advertindo ós posibles interesados que durante o prazo de vinte días permanecerá o expediente exposto ó público na oficina de Xestión do Servicio de Urbanismo, de luns a venres e desde as 12 ata as 13.30 horas. Así mesmo advírtese ós interesados que dispoñen do mesmo prazo para presentar títulos de propiedade, certificación rexistral e demais documentación que xustifique a titularidade da parcela ou parcelas de que se trate.

A Coruña, 3 de marzo de 1999.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda