Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1999 pola que se anuncia a licitación para a confección e subministración de vestiario para o persoal do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 204.2º e 208 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a confección e subministración de vestiario para o persoal do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 16/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación para a confección e subministración de vestiario para o persoal do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo de duración: a primeira entrega do vestiario de verán realizarase antes do 31 de maio de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Ano 1: 3.779.600 ptas. (22.715,85 euros).

Ano 2: 4.045.600 ptas. (24.314,55 euros).

Ano 3: 3.779.600 ptas. (22.715,85 euros).

Ano 4: 4.045.600 ptas. (24.314,55 euros).

5. Garantías.

Provisional: 313.008 ptas. (1.881,22 euros).

Definitiva: 626.016 ptas. (3.762,43 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG nº 239, do 19 de febreiro de 1999).

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 56 16 00.

e) Telefax: 981 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós 26 días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG nº 239, do 19 de febreiro de 1999).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1.ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2.ª Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3.ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): dous meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ó oitavo día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: no BOPG nº 239, do 19 de febreiro de 1999, e nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas depositados no Rexistro Xeral do Parlamento.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1999.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia