Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/54-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Avda. de Madrid 7, 9 e 11.

Situación: Cambados.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 260 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Fefiñáns-Telefónica alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na Avda. de Madrid 7, 9 e 11 rematando na mesma liña, concello de Cambados. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 160 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

1614