Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.845

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 11 de febreiro de 1999 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

Advertido erro, na devandita orde, publicada no DOG nº 41, do luns, 1 de marzo de 1999, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 2.270, na sinatura, onde di: «Manuel A. Silva Romero, secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais», debe dicir: «José María Hernández Cochón, conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais».