Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.800

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 4 de marzo de 1999 polo que se fai público o nomeamento, en réxime de provisión temporal, dos secretarios de xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia que se citan (Ribeira número tres e dous máis).

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 2 de marzo de 1999. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. secretarios de provisión temporal presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo da Audiencia r/ Capitán Juan Varela, s/n, A Coruña. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secre

tarios dos xulgados de Primeira Instancia e Instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan, esta Xerencia Territorial, no uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamento seguintes cos efectos previstos no apartado décimo primeiro da O.M. de 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento acordo da Sala de Goberno de data: 26-2-1999.

Provincia da Coruña:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribeira número tres, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro.

Provincia de Lugo:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Monforte de Lemos número dous, María del Carmen Ramos Vázquez.

Provincia de Ourense:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Verín número un, María Lourdes Soto Rodríguez.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo de saída da Xerencia Territorial».

Así mesmo, faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno do 26-2-1999, cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación da presente no Diario Oficial de Galicia, pregándolle que envíe a esta Presidencia un exemplar no que se faga aquela para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 4 de marzo de 1999.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia