Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso público, con procedemento aberto, trámite ordinario, para a contratación do expediente 402/1999.

Obras:

Expediente nº: 402/1999.

Obxecto: complexo docente. Campus Universitario de Lugo.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 850.494.500 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 17.009.890 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría c; grupo C, subgrupo 2, categoría f; grupo C, subgrupo 4 e 6, categoría d; grupo I, subgrupo 5, categoría b; grupo I, subgrupo 6, categoría e; grupo J, subgrupo 2, categoría e; grupo J, subgrupo 4, categoría c.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: o arriba indicado.

2. Obxecto dos contratos:

a) Descrición dos obxectos: o arriba indicado.

b) Número de unidades a entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de execución: Lugo.

d) Prazos de execución: o arriba indicado.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación:

Importes totais: o arriba indicado.

5. Garantías:

Provisionais: a arriba indicada.

6. Obtención de documentación:

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeral Pardiñas, 2, Galerías, Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) ou na copistería Unicopia, Facultade de Veterinaria, Pavillón de Aulas, Campus Universitario de Lugo (teléfono 982 25 23 03, Ext.: 22475).

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00.

e) Fax: 981 57 13 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día de finalización do prazo de presentación de ofertas:

7. Requisitos específicos dos contratistas:

a) Clasificación: a arriba indicada.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, rexistro xeral.

2ª Domicilio: Praza do Obradoiro, s/n.

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

Ou na:

1ª Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

2ª Domicilio: servicios centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

3ª Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1999.

P.D. (Resolución 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

da Universidade de Santiago de Compostela